Ver Mensaje Individual
Antiguo 10/12/2008, 17:29   #35
Nizam21
Usuario Activo
 
Fecha de ingreso: 30/nov/2002
Mensajes: 147
Nizam21 está en el buen camino
re

La Voz de Galicia 10/12/2008

Jesús García Porto, director xerente de Retegal, visitou onte Muxía nunha rolda de contactos que o está a levar por diferentes concellos para explicar como será -ou como está sendo- o proceso de adaptación á televisión dixital terrestre (TDT). Retegal é unha das compañías encargadas de preparar parte da infraestrutura. No seu caso encárgase da difusión do sinal da TVG e da TVE, ademais de estender a cobertura a canles privadas. A outra empresa que está a traballar para que o resto das cadeas cheguen ás casas é Abertis Telecom.
-¿Cando poderán contar todos os municipios da Costa da Morte coa TDT?
-A previsión é que a rede primaria da TDT chegue a toda a comarca antes do 31 de decembro. -¿Significa iso que ese día todos os veciños da Costa da Morte poderán ver a TDT nas súas casas? -Non, a 31 de decembro teremos localizados todos os puntos onde non chega o sinal, aínda que chegará a moitos fogares. Con eses datos, no primeiro semestre do 2009 chegaremos ao 99% da poboación da Costa da Morte. -¿Como está a comarca ante a perspectiva do apagón analóxico do ano que vén? -Estamos nunha zona que entra na fase primeira do apagón analóxico, que será en xullo do 2009 para a Costa da Morte. Aquí contaremos con cinco ou seis repetidores do sinal. -¿Cal é a diferenza do novo sistema co anterior? -A diferenza está sobre todo no ancho de banda. Por onde antes ía unha única canle, agora poden ir ata catro, o que permite unha maior oferta e unha maior amplitude de espectro. Ademais, as frecuencias que se liberen quedarán dispoñibles para calquera outro uso de comunicación. -E mellora a calidade no receptor doméstico. -Ademais a calidade é moito mellor e depende menos das inclemencias meteorolóxicas que o anterior sistema. -¿É difícil adaptar unha vivenda? -As vivendas individuais case non terán que facer ningún cambio. Si teñen que facelo as vivendas colectivas que ao mellor deben mercar un pequeno amplificador cun custe mínimo para instalalo na antena. -¿Poden facer eses cambios os veciños ou precisan contratar a algún profesional? -Nas vivendas unifamiliares si, nas colectivas non, deberá facelo un antenista. Estamos en contacto con eles para explicarlles o que deben facer. -¿É necesario mercar un decodificador para recibir o sinal? -As televisións que se venden agora xa o levan incorporado. O que non teña unha televisión dese tipo ten que mercar un. Son moi asequibles e non precisan que os instale ningún técnico. Basta con enchufalo. -¿A que lugares chega a TDT na comarca? -Hai varios lugares onde xa se recibe. Pero agora mesmo estámonos a centrar nas dúas zonas de Galicia que están na primeira fase da implantación, o entorno do monte Pedroso, unha área con 300.000 habitantes, e na comarca de Verín, en 14 concellos con uns 40.000 habitantes. -¿Está a comarca entre os seguintes lugares onde se implantará a nova televisión? -Na Costa da Morte instalaremos, na vindeira semana, dous ou tres centros repetidores máis, e na última semana de decembro outros dous. En total teremos cerca de media ducia na rede principal. -En calquera caso, a zona estará lista antes de que se produza o apagón .
-Non queda máis remedio, é unha decisión que afecta á totalidade do Estado. Nós intentamos anticiparnos aquí. -¿Ten algunha complicación especial instalar a rede de novos repetidores de TDT na comarca? -Ten as dificultades propias de Galicia, a dispersión xeográfica e a orografía do terreo, e os custes son elevados. Por poñer un exemplo, para chegar ao 90% da poboación chegan uns 60 centros repetidores. Para cubrir ao resto o número centros sube esponencialmente. Así, para poder dar servizo a un 8% máis, ata chegar ao o 98% da poboación, sería preciso pasar dos 120 centros.
Nizam21 está desconectado
Respuesta rápida a este mensaje
Responder Citando Subir